CEIP de PONZOS

Cambio de páxina web

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Escrito por Administrator

No presente curso 2013-2014  esta páxina quedará pechada. A partir  deste curso  información, novas e comunicados  faranse a través da nova páxina

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipponzos/



 

GRATUIDADE SOLIDARIA

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Escrito por Administrator

ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR NO CENTRO A  SOLICITUDE

As axudas serán destiunadas a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario.

Deberán ser solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

Importes por alumno ou alumna e curso:

.

Educación primaria:

  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha minusvalidez igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

 


   

ADMISION DE ALUMNADO CURSO 2013-2014

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Escrito por Administrator

Ábrese o prazo a partires do día 22 de abril ata o 3 de maio ámbolos dous inclusive para presentar a documentación que acredite a obtención dos puntos no proceso de admisión do alumnado

   

Atención Proxecto de Orde para a admisión do alumnado

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Escrito por C. TIC's

. Proxecto de Orde para a admisión do alumnado

..O día 15 de xaneiro de 2013, entrou en vigor o Decreto 254/2012, do 13 decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O decreto derroga expresamente todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan á nova regulación e, en particular, o Decreto 30/2007, do 15 de marzo, e a Orde do 17 de marzo de 2007, polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, debe aprobar a correspondente orde que, en desenvolvemento do Decreto 254/2012, determine todas as cuestións procedementais e de xestión propias do proceso de admisión de alumnado.

En consecuencia, o proceso de admisión de alumnado para o próximo curso 2013-2014 iniciarase logo da aprobación da devandita norma xurídica, conforme aos prazos e o procedemento que esta determine.

descargar  proxecto aquí


   

CAMBIO NA DIRECCIÓN DO CENTRO

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Escrito por C. TIC's

O Colexio de Ponzos  ten agora un novo Director.

Este cargo pasa a ser ocupado polo anterior secretario do Centro:  Miguel Anxo Casteleiro Souto.

O anterior director, tal como  había informado con anterioridade en Consello Escolar,  presentou  renuncia ao cargo, que lle foi concedida polo Xefe Territorial para facela efectiva con data 28 de febreiro.

A secretaría pasa a ser ocupada por Oscar López Bouzón actual profesor de música e encargado da Biblioteca.

Na  xefatura de estudos  continúa   Arturo García.

Isto fai que haxa una pequena modificación de horarios:

A dirección estará a disposición da Comunidade Ed. de 12 horas a 13 horas.

A Secretaría   estará aberta:

 .                                           Martes  a  Venres de 9:00 horas. a   9,45 horas.

.                                            Luns:   de 10 horas.  a 10:30 horas

A Xefatura de estudos permanecerá   se cambio de   9:00 a 9:45 horas

   

Páxina 1 de 10

Calendario

Setembro 2014
L Ma Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Ferramentas

Traductor multilingüe
Para facer traduccións a moitos idiomas.
Galego/castelán castelán/Galego
APERTIUM- Tradución de verbas, textos, documentos e páxinas web
Diccionario-RAG
Real Academia Galega e Diccionario Pedagóxico

Miscelanea